miércoles, 28 de junio de 2017

ENQUISA SOBRE HÁBITOS NO CONSUMO DO TABACO

ELABORAMOS UNHA ENQUISA PARA AS FAMILIAS...

(Profesoras: Beatriz García López e Mª Jesús Gil Castro)

Esta actividade realizouse en 1º de ESO C, nas sesións de Lingua Castelá e Matemáticas.

Nunha sesión de Lingua Castelá redactamos as preguntas: organizamos a clase en grupos de cinco e plantexamos os temas (hábitos persoais, observación do entorno e análise das causas e consecuencias do tabaquismo).
Despois de darlle un formato adecuado nun procesador de textos, o alumnado encargouse de levar catro enquisas para as súas casas para que foran cubertas por membros da súa familia.


En Matemáticas o alumnado elaborou os gráficos estadísticos correspondentes ás respostas á cada pregunta da enquisa.
Os gráficos que fixeron foron diagramas de barras e diagramas de sectores. Para isto, empregaron os seus portátiles e o programa de libre office, folla de cálculo. Ao mesmo tempo, íase facendo no ordenador do profesor, e podíamos visualizar na pizarra dixital o proceso.

Sacamos ás seguintes conclusións, despois de analizar os resultados:

  • Na primeira pregunta observamos que é moi superior o número de mulleres que nunca fumaron que o de homes.
  • Na pregunta terceira vemos que a porcentaxe de mulleres que fuma na casa é maior ca de homes, mentres que a porcentaxe de homes que fuman en lugares públicos é case o dobre que a das mulleres.
  • Nas cuestións catro e cinco, sinalamos que aínda que a porcentaxe de homes e mulleres que intentaron deixar de fumar é similar e moi alta, a porcentaxe de mulleres que pensan que poden deixar de fumar coa axuda profesional adecuada é moito máis alta que no caso de homes.
  • A pregunta oitava móstranos que hai unha porcentaxe máis ampla de mulleres que pensan que convivir con persoas fumadoras pode fomentar adquirir o hábito de fumar.
  • E, por último, na pregunta undécima, vemos que entre os motivos para empezar a fumar, case o  dobre de homes que de mulleres din que é por chamar a atención ou parecer interesante. Porén, o número de mulleres que responden que empezan a fumar por curiosidade é dúas veces superior que o dos homes.

             

No hay comentarios:

Publicar un comentario