jueves, 29 de junio de 2017

EXPOSICIÓNS ORAIS SOBRE TABAQUISMO

FACEMOS EXPOSICIÓNS SOBRE AS CAUSAS E CONSECUENCIAS DO CONSUMO DE TABACO 

(Profesora: Mª Jesús Gil Castro)

En 2º de ESO A e B, en Lingua Castelá, o alumnado preparou exposicións orais sobre diversos temas relacionados co tabaco: historia, consumo, adicción, enfermidades, prevención...

Esta actividade desenvolveuse de forma simultánea co traballo de Física e Química.


 

miércoles, 28 de junio de 2017

CINE E TABACO

ANÁLISE DA PRESENCIA DO TABACO NO CINE

(Profesora: Mª Ángeles Salgado Iglesias)

ENQUISA ON LINE PARA O ALUMNADO

ENQUISA SOBRE TABAQUISMO DIRIXIDA AO ALUMNADO

(Profesora: Felisa Redondo Valín)

Este traballo foi realizado nas sesións de Ámbito Lingüístico e Social co grupo de 3º de PMAR.

Podedes ver toda a información sobre esta actividade no blog de aula de Felisa:

http://clubpoetasinsomnes.blogspot.com.es/search/label

Neste mesmo enlace, podedes ler como se realizou a exposición: "Entonces, ¿Por qué fumas?"

 

ENQUISA SOBRE HÁBITOS NO CONSUMO DO TABACO

ELABORAMOS UNHA ENQUISA PARA AS FAMILIAS...

(Profesoras: Beatriz García López e Mª Jesús Gil Castro)

Esta actividade realizouse en 1º de ESO C, nas sesións de Lingua Castelá e Matemáticas.

Nunha sesión de Lingua Castelá redactamos as preguntas: organizamos a clase en grupos de cinco e plantexamos os temas (hábitos persoais, observación do entorno e análise das causas e consecuencias do tabaquismo).
Despois de darlle un formato adecuado nun procesador de textos, o alumnado encargouse de levar catro enquisas para as súas casas para que foran cubertas por membros da súa familia.


En Matemáticas o alumnado elaborou os gráficos estadísticos correspondentes ás respostas á cada pregunta da enquisa.
Os gráficos que fixeron foron diagramas de barras e diagramas de sectores. Para isto, empregaron os seus portátiles e o programa de libre office, folla de cálculo. Ao mesmo tempo, íase facendo no ordenador do profesor, e podíamos visualizar na pizarra dixital o proceso.

Sacamos ás seguintes conclusións, despois de analizar os resultados:

  • Na primeira pregunta observamos que é moi superior o número de mulleres que nunca fumaron que o de homes.
  • Na pregunta terceira vemos que a porcentaxe de mulleres que fuma na casa é maior ca de homes, mentres que a porcentaxe de homes que fuman en lugares públicos é case o dobre que a das mulleres.
  • Nas cuestións catro e cinco, sinalamos que aínda que a porcentaxe de homes e mulleres que intentaron deixar de fumar é similar e moi alta, a porcentaxe de mulleres que pensan que poden deixar de fumar coa axuda profesional adecuada é moito máis alta que no caso de homes.
  • A pregunta oitava móstranos que hai unha porcentaxe máis ampla de mulleres que pensan que convivir con persoas fumadoras pode fomentar adquirir o hábito de fumar.
  • E, por último, na pregunta undécima, vemos que entre os motivos para empezar a fumar, case o  dobre de homes que de mulleres din que é por chamar a atención ou parecer interesante. Porén, o número de mulleres que responden que empezan a fumar por curiosidade é dúas veces superior que o dos homes.

             

domingo, 25 de junio de 2017

INVESTIGACIÓN EN EDUCACIÓN FINANCIERA

FACTORES SOCIAIS E ECONÓMICOS QUE INFLÚEN NO TABAQUISMO

(Profesora: Raquel Paz Meilán)


Este traballo de reflexión e investigación foi realizado nas sesións de Educación Financiera co alumnado de 2º de ESO.

Aquí podedes ver a explicación, e máis abaixo, as presentacións dixitais.








SLÓGANES E CÓMICS TAMÉN EN FRANCÉS

ELABORAMOS OS SLÓGANES E OS CÓMICS EN FRANCÉS

(Profesora: Mª Luz García Fernández)

A profesora de francés fixo co alumnado de 2º ESO D e 1º de ESO B a campaña contra o consumo do tabaco na lingua veciña.





viernes, 19 de mayo de 2017

CÓMIC

FACEMOS UN CÓMIC

(Profesorado: Begoña Prado González, Francisco Xabier Molinos Campos e María Jesús Gil Castro)

Nas materias de Lingua Castelá e en titorías elaboramos cómics, co alumnado de 1º de ESO A, B e C.

Comezamos explicando a narración e os subxéneros narrativos, e seguimos coa lectura de  bandas deseñadas de distintos tipos e orixes: actuales, adaptacións de clásicos...

Logo, propoñemos a elaboración de cómics coa temática do tabaquismo.